Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.083

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE PONTEVEDRA

ACORDO polo que se fan públicas as candidaturas proclamadas que concorrerán á elección das vacantes producidas no Pleno Cameral, que se celebrarán o próximo 25 de maio de 1999.

O Comité Executivo da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, que actúa en funcións de xunta electoral, en virtude do disposto no artigo 22 do Regulamento xeral de cámaras para os supostos de vacantes producidas no Pleno Cameral, reunido en sesión do día 13 de abril de 1999, en cumprimento do disposto no citado artigo 22, así como no artigo 13.3º do Decreto 116/1997, do 14 de maio, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, publicado no DOG do día 20 de maio de 1997, e polo artigo 5 da Orde do 23 de xaneiro de 1998, pola que se desenvolve parcialmente o precitado decreto, publicada no DOG do 30 de xaneiro de 1998, aprobou as candidaturas presentadas para cubri-las dúas vocalías vacantes no Pleno Cameral, segundo a convocatoria de eleccións realizada polos órganos de goberno desta cámara e publicada no BOP de Pontevedra o pasado día 15 de marzo de 1999, proclamando para este efecto vocais electos as persoas físicas ou xurídicas que se

presentaron como candidatos, para cubri-los postos dos que o seu grupo será igual ó número de membros que se elixirán e que foron os seguintes:

Grupo II. Industria e comercio de productos alimenticios.

Categoría segunda.

Vocalías que se elixirán: 1.

Candidatos:

* A'Devesa 2, S.L.

Desta maneira, o Comité Executivo, en funcións de xunta electoral, de conformidade co artigo 22 do Regulamento xeral, estableceu que o resto dos postos ou vocalías para a posición dos cales presentaron candidaturas en número superior á vocalía que se debe elixir deberán ser provistas mediante as correspondentes eleccións, que terán lugar de acordo coa convocatoria efectuada no anuncio de eleccións publicado o día 15 de marzo de 1999 no BOP de Pontevedra, e por conseguinte, as votacións celebraranse o próximo día 25 de maio de 1999 desde as nove da mañá ata as oito da tarde ininterrompidamente no domicilio social da cámara, rúa Xardíns de Vincenti, nº 4-piso 2º, sendo proclamados os candidatos que a continuación se relacionan, con expresión do seu nome ou razón social, e nos grupos seguintes:

Grupo IV. Industria e comercio do papel, artes gráficas e outras manufacturas.

Categoría segunda.

Vocalías que se elixirán: 1.

Candidatos:

* Emilio Lafuente Lestón.

* Pinturas Honor, S.L.

Os acordos desta xunta son susceptibles de recurso administrativo no prazo de 30 días ante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, de acordo coas disposicións da Lei 4/1999.

Pontevedra, 15 de abril de 1999.

María del Rosario Lorenzo Pontevedra

Secretaria xeral da Cámara Oficial de Comercio,

Industria e Navegación de Pontevedra