Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de equipamento con destino á sección de formación profesional do colexio Calvo Sotelo. (Expediente 99/2259 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipamento con destino á sección de formación profesional do colexio Calvo Sotelo.

Lugar de entrega: colexio Calvo Sotelo.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 8.285.840 ptas., 49.798,90 euros, desagregado en lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 20 de abril de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña