Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de poxa aberta para a adxudicación da campaña de publicidade das festas do Cristo da Victoria do ano 1999.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 6131/331.

2. Obxecto do contrato: descrición: campaña de publicidade das festas do Cristo da Victoria do ano 1999.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: os traballos deberán estar rematados antes do 9 de xullo de 1999, cumprindo os prazos parciais de entrega que se indican no prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 8.500.000 ptas. (51.086,03 euros).

5. Garantías: provisional: 170.000 ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación das ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusulas 11.3º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 19 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde