Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.084

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

CONVOCATORIA de concurso.

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama).

2. Natureza do contrato: contrato de prestación de servicios.

3. Natureza do servicio: servicio de operación e mantemento da planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do complexo ambiental de Cerceda (A Coruña, España), nas condicións establecidas no prego de condicións.

Deben cita-los nomes e cualificacións profesionais do persoal responsable designado para a execución do servicio.

4. Duración e data de comezo aproximada:

Duración: 10 anos.

Data de comezo: 2º semestre 1999.

5. Consulta da documentación: os pregos de condicións poderán ser retirados no seguinte enderezo:

Copy Nino, r/ Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela (A Coruña) España. Teléfono: 00 34 981 58 89 38.

6. Data límite de recepción de ofertas: 7 de xuño de 1999.

7. Lugar de entrega das ofertas, apertura e prestación do servicio: (domicilio da sociedade).

R/ Morzós nº 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña (España). Nº teléfono: 00 34 981 69 85 00, nº fax: 00 34 981 68 60 64.

8. Data de apertura: a apertura de ofertas realizarase ás 12 horas do día 9 de xuño de 1999. O lugar de apertura é o que figura no punto 7º.

9. Idioma das ofertas: o idioma será o español, galego ou lingua da CE xunto con traducción oficial.

10. Fianzas e avais esixidos: aval bancario 15.000.000 de pesetas/90.151,81 euros.

11. Prazo de validez da oferta: 6 meses contados desde o día 9 de xuño de 1999.

O custo deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Mauro Arias Villa

Conselleiro delegado de Sogama, S.A.