Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do concurso aberto para a contratación da xestión da escola municipal de teatro de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 3878/332.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de xestión da escola municipal de teatro de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base.

7.100.000 ptas. para o ano 1999.

21.000.000 de ptas. para o ano 2000.

26.000.000 de ptas. para o ano 2001.

29.000.000 de ptas. para o ano 2002.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995 e a técnica mediante a forma seguinte:

-Relación dos servicios e traballos realizados nos últimos tres anos neste campo.

-Titulación académica e experiencia do equipo proposto para desenvolvemento do servicio.

8. Presentación das ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusulas 10.4º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 19 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde