Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

EDICTO.

Por Decretos 76 e 77/1999, do 11 de marzo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais-Xunta de Galicia, publicados no Diario Oficial de Galicia, número 66, do 8 de abril de 1999, declárase a urxencia dos bens e dereitos que despois se dirán, afectados por expropiación forzosa, concretados nos expedientes administrativos instruídos para efecto necesarios para a execución das obras dos proxectos de apertura e urbanización da rúa 2 de Bandeira e acondicionamento e dotación de servicios da estrada PO-211, tramo entre o C.P. e entroncamento coa avenida Recinto Feiral.

A teor do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, esta alcaldía resolve sinala-lo décimo quinto día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, e hora das 10 da mañá, para levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos.

O acto verificarase na Casa do Concello de Silleda, sen prexuízo de trasladarse ós terreos se fose necesario.

Os titulares de bens e dereitos deberán asistir persoalmente, ou debidamente representados, ó levantamento da acta, exhibindo os documentos representativos da súa personalidade e titularidade dos bens, podendo facerse acompañar pola súa conta por peritos e un notario.

Os interesados poderán formular por escrito dirixido a esta alcaldía ata o día sinalado para o levantamento das actas previas, alegacións para o só efecto de emendar posibles erros que puideran padecer ou relaciona-los bens e dereitos que lles afecten, ou ben no mesmo momento do levantamento da acta correspondente.

Este edicto publicarase no Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra, en dous xornais diarios e no taboleiro de anuncios deste concello. Así mesmo, o expresado sinalamento notificaráselles mediante cédula ós interesados afectados.

Silleda, 20 de abril de 1999.

Juan José Salgueiro Montouto

Alcalde-presidente