1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 6153/331.
2. Obxecto do contrato: descrición: instalación de parques de animación infantil durante as festas do Cristo da Victoria do ano 1999.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo do contrato: do 25 ó 31 de xullo de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 3.000.000 de ptas./ano (18.030,36 euros).
5. Garantías: provisional: non se exise.
Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.
8. Presentación das ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11 do prego de condicións.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 19 de abril de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde