Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan Especial Cabo Udra.

Aprobado inicialmente polo Pleno do concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 16-4-1999, a modificación puntual do Plan Especial de Protección do Espacio Natural de Cabo Udra, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia exponse ó público o expediente polo período dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que durante o dito prazo se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

O devandito expediente poderá ser examinado nas dependencias de Secretaría, das 8,30 ás 14 horas en días hábiles, agás sábados que será das 9,30 ás 13 horas.

Bueu, 19 de abril de 1999.

Aurora Cerviño Otero

Alcaldesa accidental