Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO.

En virtude do acordo plenario do 26 de febreiro de 1999, elévase a definitivo, por non se presentaren reclamacións, o acordo de aprobación inicial dos proxectos de compensación, parcelación e urbanización da U.E. nº 1 Os Altos de Outeiro, presentados polo propietario único Juan Bruña Rodríguez.

O que se fai público para a súa executividade, sinalándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo da interposición doutros recursos que se consideren pertinentes.

A Veiga, 16 de abril de 1999.

Vicente García Carrasco

Alcalde