Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MASIDE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno Municipal o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, para realizar variacións de clasificación e cualificación de solo na r/ Villanueva e contorno en Dacón, procederase á apertura do trámite de información pública, durante o prazo dun mes, a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera interesado poida examina-lo expediente na Secre

taría Municipal e formula-las alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Maside, 16 de abril de 1999.

Benigno Álvarez Álvarez

Alcalde