Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores C-76/98 e C-97/98 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador, por infracción, a Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado pro

posta de resolución, de darse os supostos previstos no Art. 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 26 de marzo 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: 76/98.

Denunciado: Carlos Patiño Villanueva, enderezo r/ López Ballesteros, 30-2º Iz.-Vilagarcía.

DNI: 35.446.523.

Feitos denunciados: incumpri-las normas que regulan o adestramento de cans nas zonas que se establecen para o efecto, adestrar en terreo de réxime cinexético común con seis cans incumprindo o disposto no artigo 10 apartado 2º da Orde do 28 de xullo de 1998, cando o número máximo autorizado é de 2, ás 10.40 horas do día 11-10-1998, lugar Sobreira-O Pousadoiro, concello Vilagarcía.

Data do acordo da incoación: 3-3-1999.

Precepto infrinxido: 57.13º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: 97/98.

Denunciado: Benito Chaves Paz, enderezo Tarrio, s/n-Caleiro-Vilanova.

DNI: 35.390.819.

Feitos denunciados: cazar con escopeta dentro do couto privado de caza PO-10.124 carecendo da debida autorización, ás 14.55 horas do día 22-10-1998, lugar Tarrio, s/n-Caleiro, concello Vilanova.

Data do acordo da incoación: 14-12-1998.

Precepto infrinxido: 58.27º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obte-la durante 1 ano e 1 día.