Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ES/51-95/BA (costas-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente, por infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 3110001181, da Caixa de Galicia (2091), clave (90), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

ANEXO

Expediente: ES/51-95/BA.

Denunciada: Mª Elisa Lamas Díaz.

Enderezo : Avda. da Coruña, 380-6ºC; 27003 Lugo.

DNI: 33.814.923.

Feitos denunciados: construcción de adosado a caseta.

Lugar: zona de servidume de protección da praia de Lóngara, termo municipal de Barreiros.

Precepto infrinxido: os feitos que se imputan atópanse tipificados como infracción, conforme a Lei de costas, no seu artigo 90 c) e 174 c) do seu regulamento, sendo cualificada como grave nos artigos 91.2º.e) e 175.2º e) das devanditas normas, sancionándose os infractores con multa do 25 por 100 do valor das obras realizadas, artigo 97.1º b) da

lei e 183 b) en relación co 184 f) do regulamento.

Data de acordo da resolución: 22-1-1999.

Resolución:

1º Impor a Mª Elisa Lamas Díaz unha sanción de cento dezaseis mil trescentas noventa e cinco (116.395) pesetas, pola construcción de bloque arrimado a caseta de madeira; construcción de soportal engadido a caseta de madeira e parede posterior dela; fosa séptica e cercado de predio, sen a preceptiva autorización da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo.

2º Ordenarlle á denunciada que proceda á restitución das cousas e á súa reposición ó estado anterior á comisión da infracción, no que se refire á construcción de bloque arrimado a caseta de madeira, á caseta de madeira e á fosa séptica, para o que se sinala un prazo de dous meses, a partir da notificación da resolución, significándolle que se non o fixese, esta delegación procederá á imposición de multas coercitivas ou á execución subsidiaria por conta do infractor, conforme sinala o artigo 107 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Lugo, 26 de marzo de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo