Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores C-62/98 e C-71/98 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución, dictada no expediente que por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte

ó da publicación desta notificación, poderán examila-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 26 de marzo de 1999.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: C-62/98.

Denunciado: Ismael González Feijoo, enderezo San Roque, 34-Baixo-Vigo.

DNI: 76.745.032.

Feitos denunciados: transitar con cans soltos encontrándose estes inmersos na maleza sen a debida dilixencia para evitarlle molestias as pezas de caza, ás 18 horas do día 16-10-1998, lugar Universidade de Vigo, a uns 400 m desta pola estrada dirección a Zamáns, concello de Vigo.

Data do acordo da incoación: 10-11-1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 15-3-1999.

Precepto infrinxido: 57.11º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: C-71/98.

Denunciado: Fernando Iglesias García, domicilio Trasmonte, 55-Barbude-A Estrada.

DNI: 36.008.431.

Feitos denunciados: transitar con 2 cans por terreo cinexético común sen a debida dilixencia para evitarlle molestias ás pezas de caza, ás crías e os seus ovos, ás 11.45, horas do día 11-10-1998, lugar A Fervenza-Callobre, concello A Estrada.

Data do acordo da incoación: 20-11-1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 14-1-1999.

Precepto infrinxido: 57.11º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.