Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica denominada: subestación Vilalba II-Interconexión coa liña 132 kV Vilalba-Mondoñedo. (Expediente 15/1999 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

-Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4 Lugo.

-Denominación: subestación Vilalba II-Interconexión coa liña 132 kV Vilalba-Monodoñedo.

-Situación: Vilalba (Lugo).

-Finalidade: a evacuación da enerxía dos parques eólicos da zona.

-Características técnicas principais da subestación Vilalba II.

-2 posicións de liña de 132 kV para entrada e saída da liña Mondoñedo-Vilalba, equipadas con seccionador de liña, interruptor automático, seccionador de barras, transformadores de medida e elementos de protección, medida e telecontrol.

-1 posición de liña de 132 kV para entrada de liña de parques eólicos promovidos por Desarrollos Eólicos, S.A., equipada con seccionador de liña, interruptor automático, seccionador de barras, transformadores de medida e elementos de protección, medida, tarificación e telecontrol.

-Edificio da subestación, pórtico e embarrado correspondente ás tres posiciones, alimentación de servicios axuliares en c.c. e c.a. e elementos de comunicación e transmisión remota de información.

-Características técnicas principais da liña: liña en dobre circuíto con orixe na subestación que se vai construír Vilalba II e enlace no apoio nº 142 da liña existente Vilalba-Mondoñedo.

-Tensión nominal: 132 kV.

-Nº de circuítos: 2.

-Lonxitude: 1,32 km.

-Potencia nominal prevista: 71 MWA.

-Conductores: tipo aluminio-aceiro LA-110 de sección 116,2 mm e 4.400 kg. de carga de rotura.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideran afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo