Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/51-2, 5181 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Especiales de Careón, S.A.

Domicilio social: r/ Betanzos, 1-1º, 15004 A Coruña.

Denominación: subestación interconexión do parque eólico de Careón.

Situación: Palas de Rei-Melide.

Descricións técnicas: 3 módulos de posición de liña a 66 kV, embarrado, autoválvulas e transformadores de tensión en Barras, en instalación de intemperie. Telecontrol e mandos en caseta prefabricada. Entrada-saída aéreo dobre circuíto a apoio de entroncamento L.A.T. Melide-Palas de Rei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo