Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.062

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/060 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/060, convocada por Resolución con data do 7 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 8 de abril de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Praza nº: 98/060.-Comisión titular:

Presidente: Cancelo de la Torre, José Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Nogueira Méndez, Pedro, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Murcia.

Vocais:

Suari Aniorte, Juan Carlos, catedrático de escola universitaria. Universidade de Barcelona.

Alacid Cárceles, Valentina J, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Murcia.

Luzuriaga Tellería, Ignacio, profesor titular de escola universitaria. Universidade do País Vasco.-Comisión suplente:

Presidente: Uriz Tomé, Pilar, catedrática de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Secretaria: Lois Mosquera, Marina, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Masa Godoy, Leopoldo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Estremadura.

Mosquera Criado, María Jesús, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Longas García, Juan Carlos, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Navarra.