Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.062

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a Manuel José Freire Tellado.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta uni

versidade por Resolución do 5 de xuño de 1998 (BOE do 29 de xuño), para a provisión da praza número 98/054, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade, a favor de Manuel José Freire Tellado, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel José Freire Tellado, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 7 de abril de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña