Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.063

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (105/1998-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 105/1998, sobre lesións en agresión, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Félix Leis Cruz dos feitos axuizados nestas actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e que poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que lle sirva de notificación á denunciante, María Begoña Mesías Vázquez, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o 8 de abril de 1999.

A secretaria

Rubricado