Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta Alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación dunha parcela sita na Ramallosa-Lucí, tramitado por instancia de Manuel Moreira y Otros, S.L.

A parcela ten unha superficie neta de 4.687,71 m, e estrema:

Norte: parcela de Manuel Pazos Sesta.

Sur: parcela de Francisco López Lois.

Leste: estrada 541 Santiago-Estrada.

Oeste: parcela de Manuel Moreira y Otros, S.L.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Teo, 15 de abril de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde