Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 13 de abril de 1999, prestou aprobación ó proxecto e ós pregos de condicións económico-administrativos das obras: remate pavimentación rúa Froncemil, incluídas no Plan de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal 1999, cun orzamento de execución por contrata de 10.864.000 ptas. e un prazo de execución de 4 meses.

As obras adxudicaranse por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

O que se expón ó público polo prazo de 15 días o proxecto e 8 días os pregos de condicións para efectos de exame e presentación de reclamacións.

Con excepción do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a apartir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Quiroga, 15 de abril de 1999.

O alcalde

Rubricado