Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, da contratación, mediante concurso, da cobertura de riscos profesionais do persoal deste organismo autónomo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: organismo autónomo municipal Vigo-Zoo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación mediante concurso da cobertura de riscos profesionais do persoal do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 1 ano. (Con posibilidade de prórrogas sucesivas por períodos anuais ata un máximo de tres).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 2.742.275 pesetas/ano.

5. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Presentación de ofertas: trece días hábiles a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula VIII do prego de condicións.

7. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n. (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data e hora: ás 12 horas do día seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula VIII do prego de condicións.

9. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 5 de abril de 1999.

Manuel Rodríguez López

Presidente do organismo autónomo Vigo-Zoo.