Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999 pola que se publica a contratación da subministración de diversa maquinaria con destino á Escola Taller de Forxa de Ferro situada na rúa Sor Lucía.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de diversa maquinaria con destino á Escola Taller de Forxa de Ferro situada na rúa Sor Lucía.

b) Lugar de entrega: Escola Taller en rúa Sor Lucía.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de vinte días, a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente. Aberto. Concurso.

4. Orzamento de licitación; 2.481.107 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías: provisional: 49.622 ptas. Definitiva: 99.244 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: será realizado pola mesa de contratación ás 10.15 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalizacion do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 12 de abril do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral