Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de contratación (81/1998).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para xeral coñecemento a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Concello de Ourense.

B) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.

C) Número de expediente: 81/1998.

2. Obxecto do contrato:

A) Tipo de contrato: de obra.

B) Descrición do obxecto: obras de restauración, conservación de fachadas e mellora ambiental das edificacións nas zonas 2, 3, 5 e 6 do núcleo histórico de Ourense.

C) Boletín e/u diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: BOP do 8 de maio de 1998 e Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 25.000.000 de ptas.

5. Adxudicación:

A) Data: 8 de outubro de 1998.

B) Contratista: Tuconsa.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe da adxudicación: 25.000.000 de ptas.

Ourense, 9 de febreiro de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde