Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MANZANEDA

ANUNCIO.

No uso das facultades que me confire o artigo 41.14º a) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, e demais lexislación concordante, procedo a convocar proceso selectivo para cubrir mediante concurso vacantes existentes no cadro de persoal, segundo as bases aprobadas polo Pleno da Corporación con data 13 de abril de 1999 e que foron publicadas

no BOP de Ourense, número 85, de data 16 de abril de 1999.

As prazas que se convocan son as seguintes:

Persoal laboral fixo do Concello de Manzaneda.

-Nivel de titulación: diplomado en traballo social. Denominación do posto: asistente social. Número de vacantes: unha.

-Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. Denominación do posto: auxiliar administrativa. Número de vacantes: unha.

-Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: servicios varios (oficina). Número de vacantes: unha.

-Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: servicios varios (oficiais de servicios). Número de vacantes: dúas.

-Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: servicios varios (operario de servicios). Número de vacantes: unha.

Persoal laboral fixo residencia de anciáns.

-Nivel de titulación: ATS/DUE. Denominación do posto: ATS/DUE. Número de vacantes: unha.

-Nivel de titulación: auxiliar de clínica (formación profesional de I grao). Denominación do posto: auxiliar de clínica. Número de vacantes: cinco.

-Nivel de titulación: formación profesional de II grao ramo hostalería. Denominación do posto: cociñeiro. Número de vacantes: unha.

-Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: axudantes de cociña. Número de vacantes: dúas.

-Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. Denominación do posto: celador/mantedor. Número de vacantes: tres.

-Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: camareira/limpadora. Número de vacantes: catro.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados do seguinte á última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello, segundo proceda.

Manzaneda, 16 de abril de 1999.

José Domínguez Basalo

Alcalde