Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

XVIII Edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, organizado neste ano 1999 polo Concello de Bueu: bases do regulamento do premio.

Bases do regulamento do premio.

Primeira.-O premio estará dotado coa cantidade de dous millóns de pesetas.

Segunda.-Poderán participar nel tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega na normativa oficial.

Terceira.-As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados por unha cara e a dous espacios.

Cuarta.-As obras enviaranse por correo, sen remite e baixo lema ó Concello de Bueu, rúa Eduardo Vincenti, s/n: 36930 Bueu (Pontevedra), coa indicación no sobre Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor. En sobre adxunto, pechado e baixo o mesmo lema indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora. De cada obra remitiranse cinco copias.

Quinta.-As obras presentadas terán que ser inéditas.

Sexta.-O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 30 de xullo de 1999. O dictame darase a coñecer no mes de setembo, en xuntanza que terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Bueu.

Sétima.-A concesión do premio non implicará cesión dos dereitos de propiedade sobre a obra premiada. As obras non premiadas seranlles devoltas ós autores que o soliciten no prazo dun mes contado desde o día do veredicto.

Oitava.-A entrega do premio terá lugar no mes de decembro, nun acto público no que se tentará a difusión da novela gañadora.

Novena.-O premio poderá quedar deserto de non existiren obras de calidade a xuízo do xurado. Neste caso o importe do premio destinarase a divulga-la obra de Eduardo Blanco Amor entre as escolas e os centos culturais de Galicia.

Décima.-O feito de concorreren a este premio presupón que os autores aceptan as bases del.

Décimo primeira.- O xurado do premio, nomeado nesta ocasión polo Concello de Bueu, estará composto por cinco membros que deberán ser escritores ou críticos literarios da literatura galega.

Décimo segunda.-O xurado fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do premio.

Bueu, 15 de marzo de 1999.

José Novas Piñeiro

Alcalde