Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de abril de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais para o establecemento de dúas reservas de espacios dotacionoais vinculados a servicios públicos; de conformidade co establecido no artigo 50 da Lei do solo de Galicia en relación co artigo 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do mencionado acordo no DOG e no BOP; así mesmo publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

O que se notifica para os efectos oportunos significándolle que contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a dictou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados de xeito idéntico.

Bueu, 15 de abril de 1999.

Xosé Novas Piñero

Alcalde