Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, das obras comprendidas nos proxectos de reforma de vías e ampliación de beirarrúas nas rúas Xeneral Gutiérrez Mellado, praza de San Xosé e Agusto González Besada e reforma de vías e ampliación de beirarrúas nas rúas Peregrina (tramo II-III e IV), Glorieta de Compostela, Frei Juan de Navarrete e Xoaquín Costa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: seis meses

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento da licitación: 197.185.191 ptas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica das obras.

5. Clasificación do contratista.

Grupo C, subgrupo 2, categoría e.

Grupo A, subgrupo 1, categoría e.

6. Garantías: provisional: 3.943.704 ptas. Definitiva: 7.887.407 ptas.

7. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.

9. Apertura das ofertas: será relizada pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 12.15 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1. Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2. Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución das obras, oncluído o IVE.

3. Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administartivo de conformidade coa ordenanaza fiscal reguladora da taxa.

4. Os gastos de dirección técnica das obras.

11. Criterios de seleción: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Reducción do prazo de execución: ata un 60%.

2. Reducción no prezo de execución: ata un 40%.

12. Anuncio extenso: no BOP.

Pontevedra, 12 de abril de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral