Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/266-4).

Ós efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sestelo y Cia, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. enlace da L.M.T. Xinzo con zona industrial.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.462 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde a L.M.T. Ponteareas-Xinzo na zona industrial, na granxa escola, ata as granxas estribadas, concello de Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra