Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2198; XG-197, entre Lalín e Merza, con anexos.

O acordo directivo do 11 de xaneiro de 1999 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autocares Ofelia E. Souto Castro, S.L. por cesión do seu anterior titular, Ofelia E. Souto Castro.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes