Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Vimianzo 220/66 kV (A Coruña). (98/358).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O día 30 de setembro de 1998 a citada empresa solicitou a autorización administrativa da ampliación da subestación de Vimianzo 220/66 kV e a aprobación do seu proxecto de execución.

Xúntaselles á dita solicitude o preceptivo proxecto ó que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Parque de 220 kV: pórtico en mecanotubo galvanizado para soporte embarrado en tubo aluminio de 150/134 mm e cable aluminio de 806 mm para módulos de transformador; interruptor automático en SF6 para 2.000 A; trafos de intensidade 800-1.600/5-5-5 nA, autoválvulas de 10 kVA de intensidade nominal para módulos de liña; interruptor automático en SF6 de 2.000 A. Trafos de intensidade 750-1.500/5-5-5 A, autoválvulas de 10 kVA de intensidade nominal. Trafo de tensión para módulos de medida de barras.

Transformadores de potencia: transformadores monofásicos 3x100 MVA a 66/220 kV máis un de reserva e infraestructura para outros tres.

Parque de 66 kV: pórtico en perfís angulares galvanizados e embarrado en cable de aluminio. Interruptor automático en SF6 de 3.000 A. Transformadores de intensidade a 1.500-3.000/5-5-5 A. Seccionador a 3.000 A. Autoválvulas a 10 kVA de intensidade nominal.

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por anuncio da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 28-10-1998, e publicouse no DOG do 3-12-1998 e no BOP da Coruña do 4-12-1998.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamen

to no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autoriza-la ampliación da subestación de Vimianzo 220/66 kV (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da citada subestación.

En contra desta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria