Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999 pola que se convoca a contratación, mediante poxa, das obras de adaptación e reforma dos locais do parque móbil da Xunta de Galicia na Coruña, situados na rúa Pondal número 5, baixo, da dita cidade.

1. Obxecto: contratación das obras de adaptación e reforma dos locais do parque móbil da Xunta de Galicia na Coruña, situados na rúa Pondal nº 5, baixo, da dita citade.

2. Prazo de execución: dous meses.

3. Orzamento de licitación: 8.413.473 pesetas (50.566,58) euros.

4. Documentos de interese para os litadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 336.538 pesetas (2.022,65 euros).

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Plazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión terminará ás catorce horas do día 24 de maio de 1999.

9. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 27 de maio de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública