Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de marzo de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de denegación de aprazamento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Automáticos Lama, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos denegación de aprazamento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptados polo Servicio de Recadacion da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense en aplicación do artigo 48 e seguintes do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadacion.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no pará

grafo anterior, con enderezo en r/ Progreso 38, entresuelo, Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 30 de marzo de 1999.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Automáticos Lama, S.L.

CIF B32021321

Pq. acceso norte

Maside-Ourense

Acordo denegación aprazamento

Expediente 103/1999

Liquidación 6990000021