Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.012

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (145/1994).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Dou fe: que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 145/1994, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela o vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e nove,

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo de cognición seguido neste xulgado co número 145/1994, no que actuaron, como demandante, Luis Rey Villaverde, maior de idade e veciño de Teo, representado polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz, e asistido polo letrado José López Fernández e, como demandados, María Vázquez Conde, maior de idade e veciña de Santa Comba, Juan Morandeira Mosquera, maior de idade, en ignorado paradoiro, e María Quiñoi Eiras, maior de idade e veciña de Santiago de

Compostela, representada pola procuradora dos tribunais María Soledad Sánchez Silva, e asistida polo letrado Ramón Barca Ramos, sobre reclamación de cantidade.

Decido: que debo absolver e absolvo na instancia os demandados por indebida constitución da relación xurídico-procesual, con imposición das cutas ó demandante.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado, polo prazo de cinco días desde a notificación, por escrito e con sinatura do letrado na forma previda no artigo 733 LAC.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Juan Morandeira Mosquera, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o sete de abril de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado