Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/33-2, 5100 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Romariz (Abadín).

Situación: Abadín.

Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Samargosas de 576 m a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Samargosas de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Samargosas de 1.090 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Espiñarcao de 2.110 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Romariz de Abaixo I (Curceiro) de 2.650 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Romariz de Arriba II (Valiña) de 2.700 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo