Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Freixo (A Fonsagrada).
Situación: A Fonsagrada.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea de Freixo de 1.275 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 23 de marzo de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3081