Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/38-2, 5120 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma do C.T. Gontán (Abadín).

Situación: Abadín.

Descricións técnicas: C.T. intemperie de Gontán de 250 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3082