Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/170-2, 5078 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: R.B.T. en Mondoñedo (Mondoñedo).

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: R.B.T. aérea e subterránea de Paco Fraíz de 610 m a 380/220 V en conductor R.Z. e R.V. R.B.T. aérea e subterránea de seminario de 720 m a 380/220 V en conductor R.Z. e R.V. R.B.T. aérea e subterránea de Praza Catedral de 630 m a 380/220 V en conductor R.Z. e R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3083