Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se amplía o prazo de información pública do estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). (Clave PO/98/73G16-0).

Con data do 9 de marzo de 1999 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución do 22 de febreiro de 1999 pola que se sometía o estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Clave: PO/98/73G16-0 ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da dita publicación, para o fin de que as persoas que o considerasen oportuno puideran formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra as observacións que cresen convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se podía examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, e nos concellos afectados.

Vista a solicitude formulada polo Concello de Cangas de ampliación do prazo da información pública, esta Administración resolve, de acordo co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, concede-la dita ampliación polo prazo de quince días hábiles contados a partir do recollido na Resolución do 22 de febreiro de 1999.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1999.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas

3080