Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 marzo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0402; XG-021, entre O Carballiño e Lalín, con anexos, por substitución da concesión: V-0402; XG-021, entre O Carballiño e Corna, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 29 de xaneiro de 1999, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a Empresa Montañesa, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0402; XG-021, entre O Carballiño e Lalín, con anexos, por substitución da concesión: V-0402; XG-021, entre O Carballiño e Corna, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-O Carballiño, Arcos, Pol, Souto, Costoia, Boedes, Trigás, Larouce, encrucillada de Larouce, Lousado, encrucillada do Reino, O Reino, encrucillada de Carballeda, Carballeda, Corna, encrucillada da Gouxa, Gouxa, Covelos, Carballo, Nogueiras (Dozón), Parte, Amedo, Vilarello, Lagoa, A Rocha, Sisto, Albarellos, Maceira e Lalín.

-Arcos, Seoane, Saa, A Granxa, Lamas, San Martiño, Santros, As Lagoas, Loeda, Obenza, Outeiro e encrucillada de Larouce.

-Encrucillada do Reino, O Reino e encrucillada de Carballeda.

-O Reino, Grobas, A Cal, Devesa, Fontes, Sobrado e Corna.

-Corna, Balnearios, Outeiro e Coiras.

-Carballo, Diz, Moi, Saa e Vilarello.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre As Lagoas e Loeda, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo para o tramo encrucillada do Reino-encrucillada da Gouxa na estrada N-525.

-Dos tramos As Lagoas-Loeda e encrucillada do Reino-encrucillada da Gouxa para Lalín e viceversa, na estrada N-525.

-De Lalín para O Carballiño e viceversa.

-De Seoane para O Carballiño e viceversa.

-De e entre Lalín e A Rocha, puntos intermedios e viceversa. Esta prohibición de tráfico, en canto

que se impón como consecuencia da ampliación da concesión ata Lalín, determina que o titular da concesión V-7016; XG-390, coa que é coincidente, terá unha posición prioritaria para contratar o exercer dereito de preferencia en servicios regulares de uso especial que discorran integramente polo itinerario A Rocha-Lalín.

3. Expedicións e calendario.

Carballeda-Coiras-Corna-Fontes-Devesa-Grobas-O Reino-Trigás-Pol-Arcos-O Carballiño (31,2 km).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Unha expedición de ida e volta luns e venres laborables en período non lectivo.

-Unha expedición de ida e volta os días 16 e último de cada mes, ou véspera cando estes coincidan con domingo ou festivo, durante o período non lectivo.

O Carballiño-Arcos-Pol-Trigás-Outeiro-As Lagoas-Lamas-A Granxa-Seoane-Arcos-O Carballiño (22,8 km).

-Unha expedición os mércores laborables.

O Reino-Lousado-Obenza-Lamas-A Granxa-Seoane-Arcos-O Carballiño (17,8 km).

-Unha expedición de ida e volta os días 16 e último de cada mes ou véspera cando estes coincidan con domingo ou festivo, durante o período non lectivo.

Corna-Carballo-Nogueiras-Diz-Moi-Saa-Vilarello-As Lagoas-Lalín (26,7 km).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Unha expedición de ida e volta os martes e xoves laborables en período non lectivo.

A expedición Corna-Lalín non poderá amplia-lo seu percorrido polo itinerario concesional. Non poderá autorizarse tampouco ningunha expedición distinta que supoña ampliación dese percorrido.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,0225 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,5841 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,2034 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Aministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes