Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.971

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, a Alfredo Pérez Sánchez (praza 35/1998).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 2 de abril de 1998 (BOE do 29) para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, a favor de Alfredo Pérez Sánchez, con documento nacional de identidade número 72.612.958, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alfredo Pérez Sánchez catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 7 de abril de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo