Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Cartelle 400/220 kV (Ourense). (Expediente 95/050 Modificado).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Red Eléctrica de España, S.A., con domicilio para

efectos de notificacións en Paseo del Conde de los Gaitanes nº 117, La Moraleja-Alcobendas, 28109 Madrid, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 8 de xuño de 1998 a citada empresa solicitou a declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun banco de 400/220 kV e novo parque de 220 kV na subestación de Cartelle e a aprobación do seu proxecto de execución.

Xúntanlle á dita solicitude o preceptivo proxecto a que fai referencia o artigo 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico, así como a relación de bens e dereitos afectados a que fai referencia o artigo 53 da referida Lei 54/1997.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Modificación do parque de 400 kV coa prolongación das barras 1 y 2 e a instalación dun trafo inductivo por barra. A rúa 2 (futuro Auto 1-Auto 2) equípase con: 2 seccionadores pantógrafos de 420 kV, 3.150 A e 50 kA; 3 seccionadores rotativos de 3 columnas de 420 kV, 3.150 A e 50 kA, un deles con coitelas de p. at.; 2 interruptores de SF6; 6 transformadores de intensidade tipo CTI-420; 3 pararraios autoválvulas de 360 kV, 20 kA. Instalación dun autotrafo de 400/220/24 kV, formado por tres unidades monofásicas de 200 mVA cada unha e na zona de 220 kV dun embarrado para o peche do terciario a 24 kV ó que se conectará un trafo para servicios auxiliares de 400 kVA.

-O parque de 220 kV construirase entre o edificio e a rúa 1 do parque de 400 kV, en configuración de dobre barra, cunha posición de auto e dous de liña (Castrelo/Pazos) e lugar para outras dúas, un auto e un axustamento.

-Elementos de seguridade, control e manobra.

Segundo.-Con data do 7 de outubro de 1998 esta dirección xeral dictou resolución pola que se autorizaba administrativamente a ampliación da subestación de Cartelle. Novo parque de 220 kV.

Terceiro.-A solicitude de declaración de utilidade pública, xunto á relación de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública, por anuncio da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense do 9-6-1998, publicándose no DOG do 8 de xullo, no el BOP de Ourense do 8 de xullo, no diario La Región do 2 de xullo e nos taboleiros de anuncios do Concello de Cartelle e no da delegación provincial; así mesmo, na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación. Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial de Ourense.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica consistente na ampliación da subestación de Cartelle 400/220 kV (Ourense), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Aproba-lo proxecto de execución da citada subestación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria