Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta de acordo, no Diario Oficial de Galicia, da comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Orember, S.A.

Visto o texto da acta de acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Orember, S.A. (código 3200252), con entrada nesta delegación provincial subscrito pola comisión negociadora integrada en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, na xuntanza celebrada o día 23-12-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexitro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de marzo de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta de acordo da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Orember, S.A.

Ás 12 horas do día 23 de decembro de 1998, nos locais de Orember, S.A., no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense), reúnense as persoas que a seguir se relacionan, integrantes da comisión negociadora do convenio de referencia:

Parte social:

Manuel Gómez Lorenzo. DNI: 34.910.257.

Álvaro Losada Teijeiro. DNI: 34.915.054.

José Manuel Morales Rodríguez. DNI: 34.926.660.

Jorge Benavides Almeida. DNI: 34.929.084.

José Luis Conde Conde. DNI: 76.707.144.

Manuel Garrido Grande. DNI: 34.942.160.

Manuel Conde Seoane. DNI: 34.959.497.

Fco. Javier Blanco Fernández. DNI: 34.977.146.

José Raúl Falcón Vázquez. DNI: 34.568.862.

Parte empresarial:

Germán Viso Rodríguez. DNI: 34.934.285.

Como resultado das sesións negociadoras mantidas, a comisión negociadora do convenio adopta, por unanimidade, o presente acordo de convenio colectivo de empresa, cos contidos seguintes:

1) Acórdase prorroga-la vixencia do convenio colectivo da empresa Orember, S.A., subscrito por ámbalas partes con data do 10-9-1996, estendendo os seus efectos desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999.

2) Páctase un incremento sobre os conceptos económicos vixentes o 31-12-1998, nos termos e condicións establecidos nos números seguintes, con efectos desde o primeiro de xaneiro de 1999.

Aplicarase inicialmente un incremento económico sobre as táboas salariais do convenio do 2,275 %.

Cláusula de garantía sobre o IPC.

No suposto de que o índice de prezos ó consumo acumulado do ano 1999 resulte superior á cifra inicialmente prevista do 1,8%, procederase a efectuar unha regularización de xeito que se garanta, en todo caso, un incremento retributivo igual ó IPC real do ano 1999 máis 0,475 puntos.

A regularización económica aplicaríase con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 1999, e faríase efectiva no mes seguinte a aquel no que se constate oficialmente a dita circunstancia.

Unicamente no suposto de que o valor do IPC acumulado do ano 1999 fose do 1,9%, non se procedería á regularización económica con efectos retroactivos a xaneiro, senón que a desviación de 0,1 puntos se aplicaría sobre as táboas salariais do ano 2000, non xerando, polo tanto, atrasos salariais.

Para valores de inflación acumulada do ano 1999 inferiores en máis de 0,2 puntos á cifra oficialmente prevista como inflación do ano (1,8%), as diferencias que se produzan tomaranse como incrementos á conta do convenio que inicie os seus efectos no ano 2000.

Polo tanto, para valores de inflación acumulada do ano 1999 do 1,7 e 1,6%, consolidaranse os incrementos retributivos, e non procederá a regularización.

A partir de valores de inflación de 1,5 e inferiores, as diferencias que eventualmente poidan producirse, terán a consideración de entregadas a conta do incremento económico do seguinte convenio.

3) As contías de salarios base e o valor das horas extraordinarias son os recollidos nos anexos I e II, que se xuntan coa presente acta, unha vez aplicado o incremento económico do 2,275%, así como a compensación por antigüidade de 18.192 pesetas, que xa figura incluída na contía os salarios base de tódalas categorías profesionais.

4) Os valores dos pluses de locomoción son os que figuran no anexo III, que manteñen os seus importes conxelados.

De conformidade co disposto no convenio colectivo, os incrementos correspondentes a este concepto destínanse como contribución obrigatoria ó plan de previsión para a xubilación.

A cantidade que corresponde para o ano 1999 será de 954 pesetas en cada unha das doce mensualidades.

Esta cantidade resulta da actualización do 2,275% do valor medio do plus de locomoción do ano 1998, sendo o novo valor para o ano 1999 de 9.434 pesetas.

5) De conformidade co artigo 32 do convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución ningunha, quedando establecida no valor de 3.790 pesetas mensuais.

O plus de xornada establecido no artigo 34, por mes efectivamente traballado ascende ás seguintes contías:

Plus de dúas quendas e xornada partida: 10.114 pesetas.

Plus de tres quendas: 12.779 pesetas.

Plus de catro quendas: 29.052 pesetas.

En concepto de quebranto de moeda, os pagadores percibirán a cantidade mensual de 4.400 pesetas mensuais.

A mellora social prevista no artigo 44 do convenio fíxase en 525 pesetas.

O importe do plus de especialidade para mantemento, unha vez aplicado o incremento do convenio, terá os seguintes valores:

Oficial 1ª e 2ª: 30.683 pesetas.

Oficial 3ª: 20.455 pesetas.

Así mesmo, incrementaranse os importes dos complementos ad personam de mantemento, na porcentaxe en que o fai o convenio.

6) Xornada de traballo.

Os festivos establecidos no calendario oficial que coincidan en día non laborable, serán trasladados a unha data que determinarán a dirección da empresa e o comité do centro de traballo respectivo, sempre que o traballador non estea desfrutando das súas vacacións regulamentarias.

No ano 1999 son o 1 de maio e o 25 de decembro.

7) A póliza de seguro de accidentes actualmente contratada coa compañía Le Mans, nº póliza 5892-A, incrementará os capitais asegurados por accidente laboral á cantidade de 3.850.000 pesetas.

8) Designar membros da comision paritaria regulada no artigo 5 do convenio as seguintes persoas:

Parte social:

Manuel Gómez Lorenzo.

Manuel Conde Seoane.

Parte empresarial:

Germán Viso Rodríguez.

Ramón Vázquez Lista.

Ou aquelas que, de se-lo caso, poidan substituí-las anteriormente mencionadas, logo de notificación á outra parte.

9) Delegar en Germán Viso Rodríguez, para que presente esta acta e os seus anexos na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no BOP.

E, en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

ANEXO I

Táboas salariais desde o 1-1-1999 ó 31-12-1999

CategoríasSalario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón100.8233.3161.459.040
Peón especialista101.6503.3421.470.480

CategoríasSalario

mes

Salario

día

Salario

ano

Capataz de peóns103.7463.4121.501.280
Axudante103.7463.4121.501.280
Oficial segunda107.1363.5231.550.120
Oficial primeira114.4173.7641.656.160
Xefe de equipo135.6634.4621.967.114
Xefe de quenda139.0374.5712.016.037
Encargado de sección142.4024.6832.064.829

Persoal mantemento
Aprendiz78.0382.5671.129.480
Oficial terceira109.2943.5941.581.360
Oficial segunda117.8983.8751.705.000
Oficial primeira129.1024.2461.871.979
Xefe de equipo149.0334.9032.160.979
Xefe de taller189.9896.2452.754.841
Xefe de mantemento210.7376.9293.055.687

Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.103.6323.4061.498.640
Porteiro/Vixilante/Garda/Listeiro/Almaceneiro/Chofer turismo103.3473.5621.567.280
Conductor mecánico115.0433.7831.663.124

Persoal administrativo
Aspirante91.7153.0151.329.868
Auxil./Telefon./Mecanog.103.5263.4061.501.127
Oficial segunda121.4683.9921.761.286
Oficial primeira134.2764.4151.947.002
Xefe150.2074.9372.178.002
Xefe administrativo183.1876.0222.656.212

Persoal técnico
Analista103.6333.4071.499.080
Delineante121.3903.9911.760.155
ATS121.3903.9911.760.155
Perito137.1244.5081.988.298
Técnico proxectista139.6654.5882.025.143
Licenciado/Enxeñeiro183.1876.0222.656.212

Plus de locomoción 1999

CategoríasXornada

partida

Dúas

quendas

Tres

quendas

Catro

quendas

Peón6.8088.8969.1669.523
Peón especilista6.8088.9129.1849.541
Capataz de peóns6.8298.9769.2569.614
Axudante6.8298.9769.2569.614
Oficial segunda6.8519.0809.3689.726
Oficial primeira6.8589.2079.4929.849
Xefe de equipo6.9899.78710.10710.456
Xefe de quenda6.9919.85010.17410.531
Encargado de sección6.9939.91510.23310.588

Persoal mantemento
Aprendiz6.6758.3068.5458.902
Oficial terceira6.8519.1119.3929.776
Oficial segunda6.8909.3279.6279.983
Oficial primeira6.9559.6199.93310.291
Xefe de equipo7.03310.08810.42110.777
Xefe de taller7.24111.11811.50511.861
Xefe de mantemento7.36011.65612.07512.432

Persoal subalterno
Dep. Econ./

Pesad./Orden.

6.8218.9649.2359.590
Porteiro/Vixilante/ Guarda/ Listeiro/ Almaceneiro/Chofer turismo6.8329.0749.3569.713

CategoríasXornada

partida

Dúas

quendas

Tres

quendas

Catro

quendas

Conductor mecánico6.8779.2609.5589.915

Persoal administrativo
Aspirante6.729000
Auxil./Telfon./Mecanog.6.818000
Oficial segunda6.901000
Oficial primeira6.962000
Xefe7.048000
Xefe administrativo7.235000

Persoal técnico
Analista6.822000
Delineante6.901000
Perito6.979000
Técnico proxectista6.980000
Licenciado/Enxeñeiro7.235000

Os que veñan percibindo un plus de locomoción superior ó que, para a súa categoría, aparecen nesta táboa, verán incrementado o exceso sobre a dita táboa nun 2,275%.