Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de marzo de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria Número 1 do Barco de Valdeorras (Ourense).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Localidade: O Barco.

Código do centro: 32001725.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 1.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Lauro Olmo.