Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se convoca a proba extraordinaria para a obtención do título de graduado escolar para maiores de 16 anos nas convocatorias de xuño e setembro e se dictan instruccións para a súa realización.

O Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, que modifica e completa o Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, dispón no seu artigo único, punto 5º, que en aplicación do establecido na disposición adicional cuarta, 1, da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, que durante os cinco anos seguintes á extinción do oitavo curso da educación xeral básica se continuarán convocando probas extraordinarias para a obtención do título de graduado escolar nos termos previstos no artigo 52.3º da mencionada Lei orgánica 1/1990.

A Orde do 27 de xaneiro de 1998 (DOG do 4 de marzo) ten por obxecto a regulación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das probas

extraordinarias para a obtención do título de graduado escolar, que se convocarán tódolos anos ata o remate do curso 2001/2002.

Atribuída á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a capacidade para a elaboración, desenvolvemento e avaliación das probas extraordinarias para a obtención do título de graduado escolar, de acordo co preceptuado na referida Orde do 27 de xaneiro de 1998, esta dirección xeral resolveu:

Convoca-las probas extraordinarias para a obtención do título de graduado escolar no ano 1999 conforme se indica nos puntos seguintes:

I. Condicións dos aspirantes.

I.1. Poderán realizar esta proba extraordinaria aqueles aspirantes que teñan cumpridos os 16 anos de idade con anterioridade ó 31 de decembro de 1998, é dicir, nados no ano 1982 ou anteriores, e que non estean seguindo ensinanzas regradas de educación secundaria obrigatoria.

I.2. Para a realización da proba os aspirantes acudirán provistos do DNI ou outro documento oficial suficiente para a identificación persoal. Así mesmo, poderán ir provistos do diccionario de lingua castelá, lingua galega e o da lingua estranxeira pola que optasen.

II. Matrícula.

II.1. A matrícula realizarase do 3 ó 17 de maio para a convocatoria de xuño e do 1 ó 15 de xullo inclusive para a convocatoria de setembro. A solicitude axustarase ó modelo que figura no anexo I.

II.2. Para a convocatoria de xuño, os aspirantes que non estean inscritos en centros autorizados formalizarán a matrícula no Servicio da Inspección Educativa das delegacións provinciais. Os directores dos centros públicos ou privados autorizados para impartir ensinanzas de adultos poderán presentar no Servicio da Inspección Educativa das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as solicitudes de matrícula dos alumnos inscritos no seu centro. As solicitudes de matrícula deberán presentarse nos prazos establecidos no punto anterior.

II.3. Para a convocatoria de setembro, os aspirantes matriculados na convocatoria de xuño que non acadasen a suficiencia para seren propostos para o título de graduado escolar quedarán matriculados para a convocatoria de setembro sen ter que presentar unha nova solicitude; o resto de aspirantes deberán realiza-la matrícula no Servicio da Inspección Educativa das delegacións provinciais.

III. Lugar de realización da proba.

As delegacións provinciais designarán a localización xeográfica dos centros onde se van realiza-las probas extraordinarias e as comisións de avaliación. Para designa-la localización xeográfica dos centros terase en conta o número de alumnos aspirantes

matriculados, os alumnos procedentes de centros penitenciarios, os alumnos con dificultades especiais e outros aspectos significativos de acordo cos seguintes procesos:

1. Tendo en conta os informes do Servicio de Inspección Educativa, e á vista do número de alumnos matriculados, as delegacións provinciais determinarán o número de comisións avaliadoras, lugares de realización da proba e o nome e número de alumnos asignados a cada comisión. Unha vez establecidas as comisións, cada delegación provincial, antes do 31 de maio para a convocatoria de xuño e antes do 2 de agosto para a convocatoria de setembro, fará pública a relación de alumnos asignados a cada comisión facendo publicidade no taboleiro de anuncios e a través dos medios de comunicación.

2. Unha vez rematado o proceso de matrícula, as delegacións provinciais remitiranlle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, antes do 25 de maio para a convocatoria de xuño e antes do 23 de xullo para a convocatoria de setembro, a relación dos centros nos que se van realiza-las probas extraordinarias, así como o número de aspirantes inscritos en cada un deles para proceder á autorización dos devanditos centros.

IV. Acreditación de avaliación continua.

1. Para dar cumprimento ó disposto no artigo 7, punto 3º, da Orde do 27 de xaneiro de 1998 (DOG do 4 de marzo ), os profesores das aulas de adultos e os directores dos centros de adultos, unha vez finalizado o proceso de ensino-aprendizaxe, emitirán un informe a modo de acta do seguimento dos alumnos aspirantes ás probas. Neste informe, segundo o modelo do anexo II, figurarán soamente aqueles alumnos matriculados no centro con anterioridade ó 30 de novembro de 1998 e remitirase á comisión avaliadora correspondente a cada alumno antes do 17 de xuño.

2. As comisións avaliadoras, unha vez realizada a avaliación da proba e á vista do informe de seguimento e avaliación continua emitido polos profesores autorizados, poderán propoñer para a expedición do título de graduado escolar aqueles aspirantes que sendo avaliados negativamente nalgunha das áreas que configuran a presente proba extraordinaria, alcancen os obxectivos establecidos para a extinguida educación xeral básica. Neste caso, terán que pronunciarse tódolos membros da comisión de forma colexiada.

3. Os alumnos aspirantes que acrediten ter superada en centros autorizados algunha área ou áreas correspondentes ó oitavo curso da extinguida educación xeral básica para o que se utilizará o documento normalizado, anexo III, quedarán dispensados da realización da proba naquela área ou áreas ava

liadas positivamente axustándose á cualificación do punto VII da presente resolución.

4. Os aspirantes que acrediten ter superada algunha área ou áreas nas anteriores probas de madurez e probas extraordinarias para a obtención do título de graduado escolar quedarán eximidos da realización da proba naquela área ou áreas avaliadas positivamente, axustando a cualificación ó punto VII da presente resolución.

V. Contidos da proba.

V.1. As materias constitutivas da proba extraordinaria están agrupadas nas seguintes áreas:

-Matemáticas e ciencias da natureza.

-Ciencias sociais.

-Lingua castelá.

-Lingua estranxeira (francés ou inglés).

-Lingua galega.

V.2. Cada delegación provincial, o día anterior á data de realización das probas, enviará un funcionario acreditado para recolle-los protocolos de exames na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. Unha vez recibidos distribuiranse, en presencia do delegado provincial e do xefe do Servicio Provincial de Inspección ou funcionarios nos que deleguen, procedendo ó empaquetado e lacrado dos distintos paquetes que serán entregados, no seu momento, ós presidentes das distintas comisións avaliadoras segundo o número de comisións que actúen na provincia.

V.3. As delegacións provinciais adoptarán tódalas medidas necesarias para que, en ningún caso, poida ser coñecido o contido da proba antes da súa realización.

VI. Data e normas de realización.

VI.1. As probas terán lugar o día 17 de xuño e o 9 de setembro en sesións de mañá e tarde.

VI.2. A sesión da mañá, que comezará ás 9.30 horas, dedicarase íntegra ás áreas de matemáticas e ciencias da natureza, ciencias sociais e lingua estranxeira e terá unha duración de 4 horas.

VI.3. A sesión da tarde, que dará comezo ás 16 horas, comprenderá:

a) Lingua castelá:

a.1) Exercicio de redacción.

A comisión avaliadora elixirá un tema para propoñer ós aspirantes. O tema elixido debe ser preferentemente dun contido de tipo social ou cultural e de ampla difusión local, rexional, nacional ou internacional.

Na valoración da redacción que realicen os aspirantes terase en conta a forma de estructura-los datos

e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, a presentación do tema e o dominio da ortografía.

O tempo para a realización será dunha hora como máximo.

a.2) Cuestións de lingua castelá e literatura.

O tempo para a súa realización será dunha hora.

b) Lingua galega.

b.1) Exercicio de redacción:

Aterase ó disposto no punto a.1 para a lingua castelá.

O tempo para a súa realización será dunha hora.

b.2) Cuestións de lingua e literatura galegas:

O tempo para a súa realización será dunha hora.

VII. Puntuación e cualificación da proba.

VII.1. Puntuación.

Obterase da suma das puntuacións conseguidas na totalidade da proba. A cualificación global final outorgarase de acordo coa seguinte escala:

a) Área de matemáticas e C. da natureza.

Matemáticas:

Ciencias da natureza:

Puntuación máxima: 25 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 35 puntos.

b) Área de ciencias sociais.

Ciencias sociais:

Puntuación máxima: 15 puntos.

c) Área de lingua castelá e literatura.

Redacción:

Cuestións de lingua castelá e literatura:

Puntuación máxima: 15 puntos.

Puntuación máxima: 15 puntos.

Total máxima puntuación: 30 puntos.

d) Área de lingua estranxeira.

Lingua estranxeira:

Puntuación máxima: 10 puntos.

e) Área de lingua e literatura galega.

Redacción:

Cuestións de lingua e literatura galego:

Puntuación máxima: 15 puntos.

Puntuación máxima: 15 puntos.

Total máxima puntuación: 30 puntos.

VII.2. Cualificación da proba.

PuntuaciónCualificación

105 e máis

86 a 104

73 a 85

60 a 72

Menos de 60

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

VII.3. Cualificación por áreas fundamentais.

Se a cualificación global da proba fose insuficiente, pero as puntuacións dalgunha ou dalgunhas das áreas sinaladas conseguisen o nivel de puntuación mínima indicado no punto VII. 4., esas áreas consideraranse superadas, debendo a comisión avaliadora emiti-la certificación correspondente e non sendo necesario ter que examinarse novamente da área ou áreas superadas en posteriores convocatorias.

VII. 4. Puntuación mínima necesaria para superar unha área.

En matemáticas e ciencias da natureza, puntuación mínima de 17 puntos.

En ciencias sociais, puntuación mínima de 8 puntos.

En lingua castelá, puntuación mínima de 15 puntos.

En lingua estranxeira, puntuación mínima de 5 puntos.

En lingua galega, puntuación mínima de 15 puntos.

En todo caso, ó presentarse á proba para a obtención do título de graduado escolar, os aspirantes poderán acreditar, mediante as certificacións anteriores, as áreas superadas ou exentas (caso de lingua galega) que xa non serán obxecto de avaliación nesa convocatoria.

VIII. Comisións avaliadoras.

VIII.1. As comisións avaliadoras das probas extraordinarias, tal como se establece no artigo 6 punto 1º da Orde do 27 de xaneiro de 1998 (DOG do 4 de marzo), estarán constituídas por un inspector ou director de centro público designado polo delegado provincial de Educación, como presidente, e cinco vocais, un por cada unha das áreas do currículo, un dos cales actuará como secretario, designados polo delegado provincial.

VIII. 2. Os funcionarios que formen parte das comisións avaliadoras e deberan trasladarse da súa localidade de destino terán dereito ás indemnizacións establecidas legalmente.

VIII.3. Realizada a proba, os presidentes das comisións cubrirán a ficha estatística que se xunta como anexo IV e remitirana ó xefe do Servicio Provincial da Inspección Educativa, que de haber máis dunha comisión cubrirá a ficha estatística de resumo provincial, anexo V. As devanditas fichas enviaranse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional antes do próximo 30 de xuño e 30 de setembro para as respectivas convocatorias.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional