Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.928

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril e correspondentes ó corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, e corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, publicadas pola Resolución do 29 de outubro de 1998 (DOG número 214, do 4 de novembro), modificada pola Resolución do 26 de novembro de 1998 (DOG número 236, do 4 de decembro).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data 8 de abril de 1999, reso

lución que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

Estimar parcialmente o recurso ordinario formulado por Mª Pilar Férnandez Nistal, contra a Resolución do 26 de novembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as correccións de erros materiais nas listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, no sentido da súa inclusión nas listas correspondentes ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia(grupo B), escala técnica de finanzas, no lugar que lle corresponda, e desestimalo en canto á revisión da puntuación asignada.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio do recurso da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada pola devandita resolución, nas listas aprobadas pola Resolución do 29 de outubro de 1998, modificada pola Resolución do 26 novembro de 1998, nos termos fixados nesta, e en consecuencia:

a) Modifica-la Resolución do 26 de novembro de 1998 (DOG nº 214, do 4 de decembro) no sentido de figurar na lista correspondente a alínea B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas:

Mª Pilar Férnandez Nistal.

D.N.I. número 33.847.788.

-No posto número 80, para o ámbito territorial de servicios centrais.

-No posto número 67, para o ámbito territorial da Coruña.

-No posto número 52, para o ámbito territorial de Lugo.

-No posto número 54, para o ámbito territorial de Ourense.

-No posto número 58, para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o previsto no seu artigo 14.2º, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública