Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.928

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril e correspondentes ó corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, e corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, publicadas pola Resolución do 29 de outubro de 1998 (DOG número 214, do 4 de novembro), modificada pola Resolución do 26 de novembro de 1998 (DOG número 236, do 4 de decembro).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data 8 de abril de 1999, resolución que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

Estima-lo recurso ordinario formulado por Gerardo Ulfe Calvo, contra a Resolución do 29 de outubro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, e corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, no sentido de incluílo nas devanditas listas no lugar que lle corresponda de acordo coa puntuación asignada.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio do recurso do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada pola devandita resolución, nas listas aprobadas pola Resolución do 29 de outubro de 1998, modificada pola Resolución do 26 novembro de 1998, nos termos fixados na mesma, e en consecuencia:

a) Modifica-la Resolución do 29 de outubro de 1998 (DOG nº 214, do 4 de novembro) no sentido de figurar na lista correspondente a alínea B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas:

Gerardo Ulfe Calvo.

D.N.I.número 32.645.113.

-No posto número 50, para o ámbito territorial de servicios centrais.

-No posto número 40, para o ámbito territorial da Coruña.

-No posto número 28, para o ámbito territorial de Lugo.

-No posto número 29, para o ámbito territorial de Ourense.

-No posto número 31, para o ámbito territorial de Pontevedra.

b) Modifica-la Resolución do 29 de outubro de 1998 (DOG nº 214, do 4 de novembro), no sentido de incluír a Gerardo Ulfe Calvo nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas:

-No posto número 85, para o ámbito territorial de servicios centrais.

-No posto número 70, para o ámbito territorial da Coruña.

-No posto número 54, para o ámbito territorial de Lugo.

-No posto número 57, para o ámbito territorial de Ourense.

-No posto número 60, para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o previsto no seu artigo 14.2º, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública