Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de abril de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a realización de proxectos de investigación e de bolsas correspondentes ó programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta dirixida ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 18 de decembro de 1998, aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas tecnolóxicos sectoriais figura o Programa de Investigación Mariña que ten como obxectivo xeral mellora-las condicións para unha xestión e explotación integrada dos recursos con máis eficacia, maior garantía e de modo sostible. Préstase atención tamén a aspectos científicos e tecnolóxicos así como á solución de problemas especiais que poden mellora-lo funcionamento do sector. A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En consecuencia e co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas e, neste caso concreto, para a execución do Programa de Investigación Mariña,

DISPONSE:

Artigo 1º

Convócanse as axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do Programa de Investigación Mariña e apróbanse as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos a esta orde:

1. Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas. (Anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación empresariais. (Anexo II).

3. Bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña. (Anexo III).

4. Prórroga das bolsas concedidas como consecuencia da resolución da convocatoria de bolsas de formación en temas de investigación mariña para

técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior (orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 1 de xullo de 1998, DOG do 3 de agosto). (Anexo IV).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I desta orde, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento destinará ata un máximo de 134.000.000 de ptas. que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 e 04.07.432A.780.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 1999, 2000 e 2001 de acordo coa seguinte distribución:

Ano 1999:

04.07.432A.740.0 90.000.000 de ptas.

04.07.432A.780.0 10.000.000 de ptas.

Ano 2000:

04.07.432A.740.0 20.000.000 de ptas.

04.07.432A.780.0 4.000.000 de ptas.

Ano 2001:

04.07.432A.740.0 8.000.000 de ptas.

04.07.432A.780.0 2.000.000 de ptas.

Para as axudas convocadas no anexo II destinarase ata un máximo de 65.000.000 de ptas. que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.770.0 e 12.04.721A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 1999 e 2000 de acordo coa seguinte distribución:

Ano 1999:

04.07.432A.770.0 35.000.000 de ptas.

12.04.721A.770.0 15.000.000 de ptas.

Ano 2000:

04.07.432A.770.0 10.000.000 de ptas.

12.04.721A.770.0 5.000.000 de ptas.

Para as bolsas convocadas no anexo III destinarase ata un máximo de 6.000.000 de ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999.

Para a prórroga das bolsas convocadas no anexo IV destinaranse 4.400.000 ptas. con cargo á aplicación 04.07.432A.480.0 e 1.896.000.-ptas. con cargo á aplicación 12.04.432A.480.0

Sen embargo tódalas cantidades antes citadas se poderán incrementar ata un máximo dun 20% en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma esta-

blecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde, será de 6 meses, contados a partir do día seguinte ó da data de peche da respectiva convocatoria. Se no dito prazo non se dictara resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

Jaime Pita VarelaAmancio Landín Jaraiz

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Pesca

e Administración PúblicaMarisqueo e Acuicultura

Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

ANEXO I

Axudas para a realización de proxectos de investigación en ciencias e tecnoloxías mariñas.

De acordo co establecido no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico dentro do Programa de Investigación Mariña, encádranse as seguintes áreas:

-Medio.

* Procesos oceanográficos costeiros.

* Biotoxinas: detección, control e toxicoloxía.

* Patoloxía e Microbioloxía.

* Control e mellora do medio mariño.

-Recursos.

* Recursos naturais.

* Acuicultura.

-Tecnoloxía.

* Tecnoloxía da pesca.

* Tecnoloxía de productos pesqueiros.

-Estudios socioeconómicos e xurídicos da pesca.

Os obxectivos científico-técnicos prioritarios son os considerados nas conclusións das xornadas sectoriais de traballo sobre investigación mariña en Galicia, que tiveron lugar no Mosteiro de Poio en abril de 1998, editadas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en Santiago de Compostela, 1998, e que figuran incluídas no Plan Galego de IDT nos seus epígrafes básicos.

1. Duración e contía máxima da axuda.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto de investigación por un período máximo

de 3 anualidades e, en todo caso, o proxecto deberá estar rematado antes do 31 de decembro do ano 2001. A contía das axudas durante o citado período, agás circunstancias excepcionais que o aconsellen, non superará os 16.000.000 de ptas.

2. Requisitos e solicitudes.

2.1. Requisitos xerais.

- As axudas poderán ser solicitadas polo persoal docente e investigador das universidades de Galicia ou por outros investigadores do cadro de persoal de centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma ou de centros tecnolóxicos de Galicia, sempre que se atopen en situación administrativa de servicio activo e prestando servicios nalgunha das universidades do sistema universitario de Galicia ou nun centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma, e poidan acreditar unha vinculación laboral estable co correspondente organismo durante o período de execución do proxecto. Tamén poderán presentar solicitudes os investigadores pertencentes a centros públicos dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura; estas solicitudes, no caso de que no proceso de valoración obteñan unha avaliación positiva, serán trasladadas á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para que estudien o seu posible financiamento con cargo ós seus orzamentos de

acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.

-Os investigadores que desexen participar nesta convocatoria deberán dispor de horas libres para investigación descontadas das que dedican a outros proxectos vixentes financiados pola Xunta de Galicia ou por outros organismos públicos ou privados (exceptúanse os proxectos financiados con fondos europeos), tendo en conta o seguinte:

a) O número máximo de horas que poden dedicarse á investigación cando esta actividade se realiza de forma exclusiva é de 40 semanais.

b) Os investigadores que sexan profesores de universidade poderán asignarse ata un máximo de 32 horas semanais para actividade investigadora. Aqueles profesores de universidade que se atopan en situación de dedicación a tempo parcial por estaren realizando outro tipo de actividade profesional, non poderán figurar con máis de 16 horas semanais.

c) Cada investigador poderá participar como investigador principal só nun proxecto dos que se presenten a esta convocatoria.

d) Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, terán que acredita-la autorización do seu organismo para participaren no proxecto.

e) Poderanse presentar proxectos coordinados entre diferentes grupos. Neste caso actuará como coordinador do proxecto un dos investigadores principais dos subproxectos.

f) O equipo deberá estar formado polo menos por dous doutores ou investigadores con experiencia mínima de 10 anos na investigación mariña, e os

restantes investigadores deberán ter acadada a suficiencia investigadora prevista no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios para a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao ou ser bolseiros de investigación. O equivalente xornada completa (EXC) do proxecto non poderá ter valor inferior a 2,5 (no caso de proxectos coordinados este EXC enténdese referido ó proxecto global e, en todo caso, cada un dos subproxectos deberá ter un EXC mínimo de 1,25). Poderanse incorporar tamén como colaboradores os licenciados, enxeñeiros ou arquitectos por unha facultade ou escola técnica superior que como mínimo estean matriculados, neste curso, nos estudios de terceiro ciclo pero estes non computarán para os efectos de acada-lo requisito mínimo de EXC antes citado.

Para estes efectos non se computará a participación en proxectos en vigor que rematen antes do 1 de setembro de 1999.

Xuntaráselle ó modelo de solicitude fotocopia do DNI de cada un dos investigadores.

g) Para tódolos investigadores requírese unha dedicación mínima de 16 horas semanais.

Excepcionalmente admitiranse tamén aquelas solicitudes nas que o investigador principal, por causas xustificadas, que deberá expor nunha breve memoria explicativa, teña unha dedicación inferior a 16 horas pero superior a 12 horas.

h) Xuntarase declaración de todo o financiamento vixente de que dispón cada un dos membros do grupo investigador, segundo o modelo que se inclúe na páxina 4 do documento número 1 do modelo de solicitude.

2.2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial número 18 (do que a carauta externa se publica como anexo V a esta orde e á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm e http://www.cesga.es/sxid, presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992. Este modelo número 18 consta de 3 documentos:

-Documento nº 1: datos xerais do proxecto e do equipo investigador. Na páxina 4 indicarase se algún membro do equipo foi investigador principal dalgún proxecto financiado no ano 1995 ou en convocatorias anteriores. En caso afirmativo relacionaranse as publicacións derivadas do dito proxecto; no caso de ter máis dun, indicaranse só os datos relativos ó último.

-Documento nº 2: memoria do proxecto de investigación.

-Documento nº 3: modelo oficial de currículum vitae.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán observa-lo disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de maio de 1999.

As axudas solicitadas deberanse referir a algún dos seguintes conceptos:

-Gastos de persoal relativos a persoal auxiliar de investigación (técnicos de FP-2)en prácticas, que poderá incorporarse ó proxecto, sempre que se xustifique a súa necesidade para a realización deste. Por este concepto poderán asignarse ata un máximo de 1.400.000 ptas./ano.

-Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo executor.

-Material funxible.

-Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

-Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

3. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que de non o facer, se arquivará a súa solicitude sen máis trámite, conforme ó disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada, será causa de desestimación da solicitude presentada.

Cando a temática do proxecto o aconselle, e logo de audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, conxuntamente co director xeral de Formación Pesqueira e Investigación, poderán determina-lo transvasamento de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

4. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados conxuntamente polo secretario xeral de Investigación e Desen

volvemento e polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda, será realizada por unha Comisión de Selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) O interese dos obxectivos do proxecto cara á resolución de problemas da xestión e explotación integrada dos recursos mariños relevantes para a Comunidade Autónoma.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación).

5. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que o organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o compromiso del, xunto cos informes parciais dos proxectos de Investigación correspondentes, se os houbese.

6. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investi

gación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados.

Ó finaliza-lo proxecto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, remitiralles ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, non obstante, quedan obrigados a transferilos á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. No momento de facelos públicos deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación da Xunta de Galicia e, deberán enviar a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

7. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria, dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto no artigo 78.6º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

ANEXO II

Proxectos de investigación empresarial en recursos mariños e vertidos ó mar.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial co fin de incrementar tanto a súa competitividade coma as posibilidades de creación de emprego; consideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito dos recursos mariños (extracción, producción, transformación, incluíndo depuración e reciclaxe de residuos e vertidos ó mar.

Desde o punto de vista estructural, esta acción non define modelos de actuación predeterminados. Sen embargo, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas

e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros de ensino superior ou de investigación sen prexuízo da consideración favorable con que se examinen os proxectos presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

1. Obxecto.

Nestas bases regúlase o procedemento de concesión en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións destas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, de acordo cos seguintes fins:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación das empresas.

b) Incrementa-la colaboración das universidades e os centros de investigación da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo as pequenas e medianas empresas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociación ou agrupacións delas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Exerce-la súa actividade e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura de activos de I+D que lle permiten abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que debido á carencia de medios adecuados lles encargan a totalidade ou parte da investigación que se vai realizar no proxecto a equipos das universidades ou centros públicos de investigación de Galicia.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto que en todo caso deberá estar rematado antes do 31 de decembro do ano 2000.

5. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a adquisición dos coñecementos obxecto do proxecto. Para tal efecto poderanse incluí-los custos seguintes:

-Gastos de persoal adicional imprescindible para a realización do proxecto (técnicos de FP2 e demais persoal auxiliar, en prácticas, alleo ó cadro de persoal da empresa). Por este concepto poderán asignarse ata un máximo de 1.400.000 ptas/ano.

-Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen con carácter exclusivo á actividade de investigación proposta.

-Outros gastos de funcionamento (materiais, subministracións e productos similares), directamente derivados da actividade de investigación.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes no modelo oficial número 19 (que se publica no anexo VI a esta orde ) estarán á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm e http://www.cesga.es/sxid, presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1) Memoria do proxecto que debe conter unha proposta técnica detallada así como o orzamento pormenorizado de custos e calquera outra información que poida contribuír á mellor avaliación científico-técnica e económica da proposta. No caso de proxectos da modalidade B a memoria incluirá as características do equipo investigador. Realizarase seguindo o índice que se publica no anexo VI desta orde.

2) No caso dos proxectos da modalidade B xuntarase compromiso de convenio asinado polo responsable da institución á que pertence o equipo de investigación que realizará o proxecto ou que colaborará na realización del.

3) Investimentos realizados en Galicia en I+D nos últimos tres anos, especificando se estes recibiron axudas ou subvencións dalgunha Administración Pública.

4) Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.

5) Poderes suficientes do solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

6) Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

7) Declaración expresa de estar ó día no pagamento das súas obrigas tributarias de Seguridade Social.

8) Fotocopia compulsada do imposto sobre sociedades correspondente ó último ano.

9) Declaración doutras axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade nacional ou estranxeira, relacionadas co proxecto. Utilizarase o modelo que se publica no anexo VI.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de maio de 1999.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase ó solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que de non o facer se arquivará a súa solicitude sen máis trámite, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada.

8. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados conxuntamente polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Efectuada a valoración, a selección de solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda, será realizada por unha Comisión de Selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto cara á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma en temas de xestión, explotación e transformación dos recursos mariños.

d) Capacidade da empresa para a execución do proxecto.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación).

9. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

-Certificación expedida por unha entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

-Memoria xustificativa das actividades realizadas e do custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento solicitado.

-Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como a certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas de Seguridade Social.

-Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación nas condicións establecidas na Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais de Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

10. Seguimento dos proxectos.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o 70% do custo total do proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados.

Ó finaliza-lo proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación remitiranlle ás empresas beneficiarias destas axudas un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no desenvolvemento; a empresa queda obrigada a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto no artigo 78.6º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

ANEXO III

Bolsas de predoutoramento

O obxecto desta convocatoria é a concesión de 4 bolsas dun ano de duración prorrogable por un máximo doutros dous anos, logo de solicitude, de acordo coa normativa que se elabore ó efecto, para a realización de teses de doutoramento en temas de ciencias e tecnoloxías mariñas en universidades e centros de investigación radicados na Comunidade Autónoma galega. Deste xeito impleméntase un instrumento de formación no ámbito do Programa de Investigación Mariña, do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto se o houbese.

c) Ter rematados os estudios correspondentes ós dous cursos académicos do programa de doutoramento, ó que está adscrito o solicitante, con posterioridade a xaneiro de 1997, ou estar matriculado no segundo ano dos estudios de terceiro ciclo neste curso académico 1998/99.

d) Ter admitido, por un departamento dunha universidade do sistema universitario de Galicia, o proxecto de tese, segundo o artigo 7 do Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención

e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao, antes do 1 de outubro de 1999.

e) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

a) Unha asignación mensual de 110.000 ptas. brutas mensuais. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2000, no caso de existir crédito adecuado e suficiente, co fin de consegui-la total homologación destas bolsas coas de formación de persoal investigador que convoque o Ministerio de Educación e Cultura para o ano 2000.

b) Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria das bolsas.

3. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 1999 e setembro do 2000.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 5F (que se publica como anexo VII a esta orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en internet nas direccións http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no rexistro xeral da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

a) Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por ter realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar ademais da certificación correspondente o curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no extranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese e o título dela.

b) Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor avalado polo director/es del (orixinal ou copia compulsada). No proxecto farase mención específica dos obxectivos, dos contidos básicos do traballo e das estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar

c) Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, no que conste a admisión do proxecto por parte do consello do departamento. No caso de que o interesado aínda non dispoña deste documento presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso, o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro de 1999.

d) Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada na que conste a superación do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo así como as cualificacións correspondentes.

e) Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.e).

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de maio de 1999.

5. Tramitación.

Revisadas as solicitudes presentadas exporase nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación en internet nos enderezos http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, a lista de solicitudes admitidas e excluídas, indicando, se é o caso, as causas de exclusión. Contra a dita resolución poderán os interesados formular reclamación para erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no prazo de dez días, a partir da publicación da resolución, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámites.

6. Selección de candidatos.

a) Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco miembros dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

b) Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase fundamentalmente en función dos méritos acreditados nos puntos 4.1

e 4.4; en relación con este último a Comisión de Selección establecerá previamente o número de créditos do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo que serán valorados.

7. Resolución do concurso.

A Comisión de Selección elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputan as bolsas e en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación).

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 12/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo de informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar, en ningún caso, á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento ou se produza algunha circunstancia que determine a incompatibilidade no desfrute da bolsa, deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e adxudicándolla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese. Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata o momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

9. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Antes de inicia-los pagamentos os bolseiros deberán acreditar ter obtido un mínimo de 32 créditos nos estudios de terceiro ciclo.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros están obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán adicar ata un máximo de 80 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativo, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal do mesmo.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma agás durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da súa tese deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

ANEXO IV

Convocatoria de prórroga das bolsas concedidas como consecuencia da resolución da convocatoria de bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior (orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 1 de xullo de 1998, DOG do 3 de agosto).

1. Solicitantes.

Os bolseiros seleccionados como consecuencia da resolución da convocatoria de bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Orde do 1 de xullo de 1998, DOG do 3 de agosto de 1998) poderán solicitar unha prórroga da axuda que desfrutan, durante outro periodo dun ano, quedando adscritos ó mesmo centro.

2. Formalización de solicitudes.

As solicitudes formalizaranse segundo o modelo oficial nº 9B (que se publica como anexo VIII a esta orde), e que está a disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e en internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm e http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela) ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Nel faranse consta-las razóns xustificativas da prórroga solicitada, así como a relación detallada das actividades realizadas polo bolseiro no curso 1998-99.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1993, do 5 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 1999

3. Resolución.

A valoración das solicitudes presentadas será efectuada pola Comisión de Selección, constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A Comisión de Selección elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. Outras condicións.

A contía das bolsas será de novecentas sesenta mil pesetas (960.000 ptas.) aboables en doce mensualidades de oitenta mil pesetas (80.000 ptas.) cada unha nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Trala solicitude do bolseiro e logo do informe favorable da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación e en función das dispoñibilidades orzamentarias, esta contía poderá ser incrementada ata un máximo de oitenta e catro mil pesetas (84.000 ptas.), para actividades de formación dentro do programa da bolsa sempre que o titor considere necesaria a súa asistencia.

As prórrogas ás bolsas que tiñan concedidas serán nas mesmas condicións ás indicadas nas bases 2ª, 7ª e 8ª da orde de convocatoria.