Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobado polo Concello Pleno, en sesión do 5 de marzo de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso para a prestación do servicio de bar restaurante na praia fluvial de Vilalba, en réxime de arrendamento, exponse ó público polo prazo de 8 días na secretaría do concello para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986 do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do real decreto lexislativo antes citado, anúnciase simultaneamente a contratación, mediante concurso aberto, da prestación do servicio antes citado, aínda que no suposto de que se producisen reclamacións contra o prego, a contratación se aprazará ata que as resolva a corporación.

Vilalba, 15 de abril de 1999.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde