Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso para a contratación da asistencia técnica para a redacción do proxecto de recualificación da praza do Chao e o seu contorno.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Urbana, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente 280/450.

2. Obxecto do contrato: descrición: asistencia técnica para a redacción do proxecto de recualificación da praza do Chao e o seu contorno.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 2.369.532 ptas. (14.241,17 euros).

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días contados desde o día seguinte á última publicación do presente anuncio no BOP de Pontevedra e no DOG. Documentación: a esixida na cláusula 5 do

prego de condicións. Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio. Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n. 36202 Vigo. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido no anexo do prego de condicións administrativas.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde