Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.811

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS DE GALICIA

ANUNCIO.

Gerardo Rodríguez Fernández, enxeñeiro industrial, con DNI nº 42.783.335, como secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, corporación domiciliada na rúa Alameda, 30-32, 8º, D.P. 15003 da cidade da Coruña, NIF Q1570003B,

Certifica:

Que a Xunta de Goberno deste colexio, na súa reunión do 30 de xaneiro de 1999, vista a Orde do 20 de marzo de 1998 da ministra de Educación e Cultura pola que, en execución da sentencia do 31 de marzo de 1997, da Audiencia Nacional, que estimou o recurso contencioso-administrativo nº 321/1995 interposto polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Industriais contra a resolución do secretario xeral técnico do Consello de Educación do 24 de novembro de 1993, sobre homologación do título de enxeñeiro obtido por Juan Manuel Pais Pisco, acordou anula-la citada Resolución do 24 de novembro de 1993, deixándoa sen efecto, así como a credencial acreditativa da dita homologación, expedida pola Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións deste departamento e que a homologación do título de enxeñeiro químico quede condicionada á superación previa dunha proba de conxunto sobre aqueles coñecementos básicos da formación española requiridos para a obtención do título e

autoriza-lo interesado para realiza-la mencionada proba na universidade española que libremente elixa, logo de comunicarllo a este departamento.

Tomou o seguinte acordo:

Deixar en suspenso a colexiación de Juan Manuel Pais Pisco, cesando en tódolos dereitos derivados da súa pertenza ó Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, coas condicións establecidas na sentencia e orde citadas.

Contra este acordo pódese interpoñer recurso de alzada perante o Consello Xeral no prazo de quince días, sen prexuízo de interpoñer calquera outro que considere procedente.

Para que sirva de notificación a Juan Manuel Pais Pisco, inserirase este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Expide esta certificación co visto e prace do decano na Coruña o un de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Gerardo Rodríguez Fernández

Secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros

Industriais de Galicia

Visto e prace

Ángel Monteoliva Ramos

Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais

de Galicia